miércoles, 29 de abril de 2015

Trasteando coa cámara

Merquéi pola "intelné" unha cámara para grabar algunha das saídas no Siddharta.
Onte puiden saír a navegar, logo de recoller o envío da camariña.
Púxenna cargar un pouco no coche, na viaxe de Ferrol a Ares, 15 minutos escasos, e aproveitéi para probala no barco.
Travesía curta, un par de horas, pero suficiente para desconectar. É a volta dende a boca da Ría de Ferrol a Ares, unhas 4 millas con moi pouco vento e nada de mar, ciñendo, como case sempre, todo plácido e relaxado.
A vela debería estar incluída no vademecum e recetada polo médico do Sergas. Aforrarían moitas pastillas das de non pensar.
Vai un curto de mostra, sen editar nin ná, a pelo.
Seguiréi trasteando para mellorar a calidade.
E prometo subsistuír a bandeira!. Parece que a herdéi dun antepasado que batallou en Trafalgar.
Bos ventos!.